58 medallas para o atletismo galego máster no seu nacional

Publicado por: F.G. Atletismo

Esta fin de semana disputouse en Jerez de la Frontera o Campionato de España Máster a onde acudiu unha nutrida representación de atletas galegos e galegas.

Ao longo de tres días de competición, as nosas e nosos atletas voltaron cun total de 58 medallas das cales 20 foron de ouro, 27 de prata e 11 o foron de bronce estabrecendose a maiores,  un récord de España e cinco récords galegos.

Moitas medallas e récords galegos

O Récord de España foi para o equipo de relevos dos 4×100 mixto-50 do Club Atletismo Sada formado por Fernando Míguez, Montse Fernández, Jacinto Parga e Nieves Vázquez quenes cun tempo oficial de 53.95 lograban, ademáis do campionato, esa nova plusmarca nacional.

Jose Cabado do Atletismo Santiago era outro dos plusmarquistas galegos desta fin de semana. En concreto realizaba nos 400 valos M55 un tempo de 1:07.63 co que ademáis lle permitía celebrar o subcampionato nacional da súa categoría. Mesma posición e novo récord para Xulio Ventín do Atletismo Sada no concurso de martelo pesado con 15.62 m. na categoría M60. A maiores tamén sumaban as pratas en peso, disco e martelo.

En altura, bo concurso do atleta do Sada Daniel Giménez que conseguía na M40 superar o listón ata deixalo en 1.74 m. co cal lograba unha medalla de bronce e un novo tope autonómico do concurso.

E sobre as probas de velocidade, novamente Miguel Gómez do Real Club Celta na M40 volvía mellorar o rexistro galego na distancia dos 200 m. rematando nun excelente tempo de 22.52 completando o campionato co dobre título nacional tamén dos 100 m. con 11.14. Pola súa banda José Santamaría do Atletismo Barbanza na M70, efectuaba sobre a proba dos dos 200 m. un tempo de 36.01 logrando a medalla de bronce á que sumaba a de prata dos 100 m. con 15.92

Campioas e campións de España

Destácanse as tres medalllas de ouro logradas tanto por Javi Viteri do Samertolameu na categoría M60 nos concursos de peso, disco e xavelina así como os tamén tres títulos de Angeles Rodríguez de A Silva en martelo, martelo pesado e xavelina na F65

Os campións galegos e galegas deste edición foron os seguintes:

Bea Viteri (pértega F35); Tanía Valverde (lonxitude F35) Esther Pedrosa (800 m. e 1.500 m. F60); Ángeles Rodríguez (martelo, martelo pesado e xavelina F65) María Luisa Armesto (xavelina F70). 4×100 Samertolomeu F40; 4×100 C.A.Sada F50; 4×100 C.A.Sada F55;

Miguel Gómez (100 e 200 M40); José Fernández Nieves (5.000 marcha M40) Fernando Paredes (peso M45) Juán Luis Paz (100 v. M50) Javi Viteri (peso, disco e xavelina M60) e Pablo Fervenza (800 M70)

Resumo actuación galega

O artigo 58 medallas para o atletismo galego máster no seu nacional publicouse primeiro en Federación Galega de Atletismo.


Enlace con la noticia original: 58 medallas para o atletismo galego máster no seu nacional

Mas noticias relacionadas