Publicado por: S.G.Pontevedra
Outra fin de semana para a lembranza da Gimnástica. Eramos anfitrións no CGTD do Campionato Xunta de Galicia de Clubs Absoluto en Aire Libre e as previsións foron superadas por moito.
Fixemos dobrete! Ambas seccións do club (masculina e feminina) demostraron estar nun excelentísimo estado de forma sendo os mellores. Elas sumaron un total de 130 puntos, moi por diante do segundo clasificado, o Sanysec Ourense, con 119, e eles subiron ó primeiro chanzo do podio tras sumar 136 puntos, tamén con autoridade ante o segundo clasificado, o RC Celta, con 113 puntos. No caso do equipo masculino, esto supón o dobrete, posto que foron tamén os mellores no Campionato Galego por Clubs en Pista Cuberta este pasado xaneiro.
Os dous equipos saíron á pista renovados, e esta fin de semana quedou clarísimo que hai canteira na Gimnástica. A veteráns como Carlos Porto, que cumpriu co seu segundo posto no 3000 metros lisos ou o laureado Máster, Sergio Rodríguez, que voltou a ser o mellor na súa distancia estrela, o 200 ou Pedro Osorio, no 1500, sumáronselle novos nomes que comezan a dar os primeiros pasos en categoría absoluta, como o sub23, Pepe Sánchez del Valle, que se encargou do 3000 obstáculos, sendo segundo, Mauro Vázquez, atleta sub20 que foi cuarto no 100 metros lisos ou Eloy Acuña, quen hai unha semana vivía a súa primeira convocatoria na Liga co primeiro equipo e que non defraudou tampouco desta vez, posto que foi segundo no lanzamento de peso de 7.26 kg e, ademais, con nova mellor marca persoal (12.01 metros).
No equipo feminino tamén conviven distintas categorías que demostran estar perfectamente acopladas para disputar un absoluto. Carlota Vázquez foi a encargada o 100 metros valos, segunda e con nova mellor marca persoal (15:14) ou Lía Vázquez, atleta sub16, quen ven da súa primeira convocatoria de Liga co equipo feminino tras proclamarse Campioa Galega de Combinadas por clubs hai poucas semanas e que a encargada de sumar os puntos na pértega, deixando claro que pisa forte tras acadar un terceiro posto. Fixeron o equipazo que se fixo coa victoria xunto a nomes xa coñecidos como Sabela Martínez, Paula Fernández ou Lía Caride, que puxeron a súa experiencia de novo ó servizo do equipo.
Foi precisamente no equipo feminino onde houbo unha ausencia previsible, a de Lucía Sánchez del Valle, que esta fin de semana tamén competía, pero como integrante da Selección Galega de Combinadas para participar no Campionato de España de Combinadas por Federacións Autonómicas, que se disputou en Valencia.
A Selección Galega alzouse co título nacional, e Lucía, de xeito individual, sumou 5231 puntos que lle valen para ser a nova posuidora do récord galego da súa categoría (sub23) de heptatlon e, ademais, dándolle o pase ó Campionato de España, sendo quinta finalmente na competición de decatlon.
Moitos parabéns a todos polo enormísimo traballo realizado! Imos a por máis!
Enlace con la noticia original: A Copa de Clubs 2026 é nosa!
