A Copa de Clubs Máster, agarda polos gañadores e gañadoras

Publicado por: F.G. Atletismo

Esta fin de semana Riazor dará acollida a segunda edición correspondente a Copa de clubs máster de pista cuberta que contará ca participación dun total de 128 atletas en representación dun total de nove clubs.

Na categoría feminina tomará parte o clube que defende o título acadado na primeira edición do ano pasado o Samertolameu, e na que xunto él competirán na loita polo mesmo trofeo o Clube Atletismo Sada e o Atletismo Narón debutantes nesta Copa.

A categoría masculina contará con máis rivalidade xa que serán nada menos que seis as formacións que loiten pola Copa. Ca ausencia do gañador do ano pasado ADAS Proinor, o favorito a priori será o C.A. Santiago quen o ano pasado acadaría o subcampionato, malia que para elo terá que competir contra os equipos de Marineda Atlético, Sanmertolomeu, C.A.Narón, C.A. Sada e Ourense Atletismo.

A nivel individual, contarase ca participación do medallista internacional Xosé Luis Otero Cepeda quen defenderá as cores do C.A. Santiago sobre a proba dos 1.500 m.

A competición, que se tería que adiantar sobre a data prevista inicialmente (ó precisar o Concello a instalación para a disputa da Copa da Raiña de Hockey patíns), desenvolverase a unha sóa xornada dando comezo as 16.30 horas para rematar sobre as 19.20 horas

O artigo A Copa de Clubs Máster, agarda polos gañadores e gañadoras publicouse primeiro en Federación Galega de Atletismo.


Enlace con la noticia original: A Copa de Clubs Máster, agarda polos gañadores e gañadoras

Mas noticias relacionadas