A Deputación da Coruña subvenciona o III Circuito Deputación de probas en pista

Publicado por: F.G. Atletismo

O vindeiro mes de  de novembro arrincará a primeira das tres xornadas de pista de aire libre que a Deputación da Coruña subvenciona e que permitirán levar a cabo por terceiro ano consecutivo o Circuito Deputación de probas en pista.

Como xa acontecera nas anteriores edicións, máis dun milleiro de atletas das categorías sub10, sub12 e sub14 tomará parte no mesmo ao longo das tres xormadas que se levarán a cabo os días 15 de novembro na pista da UDC de Elviña, o 22 de novembro na pista da USC de Santiago de Compostela, rematando o vindeiro  29 de novembro ca última xornada na instalación ferrolá de A Malata.

Premios individuais e colectivos

Ao remate do circuito, organizarase unha gala na que se premirán ós atletas que acaden as tres mellores marcas ó termo do circuíto asi como trofeos ós tres clubs que totalicen a maior puntuación entre tódalas probas

Normativa

O artigo A Deputación da Coruña subvenciona o III Circuito Deputación de probas en pista publicouse primeiro en Federación Galega de Atletismo.


Enlace con la noticia original: A Deputación da Coruña subvenciona o III Circuito Deputación de probas en pista

Mas noticias relacionadas