A FGA colabora nun Programa de Investigación Psicolóxica

Publicado por: F.G. Atletismo

A Federación Galega de Atletismo e o Observatorio do Atletismo Galego colaboran cunha investigación que forma parte da Tese Doutoral: “Necesidades Psicolóxicas dos Atletas: Creación dun Cuestionario Específico”, a cal é levada a cabo por Sandra Sobreira e dirixida polo ex-atleta e Dr. Joaquín Dosil, da Universidade Liberquaré e en colaboración coa Universidade de Vigo.

A través deste traballo estase creando un cuestionario específico, co obxectivo de medir as habilidades psicolóxicas dos atletas de fondo. Para poder crear este novo cuestionario necesítase a colaboración de máis de 500 atletas, tanto dun perfil profesional como popular, que participen en probas de entre 10 km e maratón. Consiste nunha serie de preguntas e afirmacións referidas ao perfil do atleta, nas que se atopasen con situacións típicas de adestramento e en carreiras, e nas que se debe indicar o grado de acordo coas mesmas. O obxectivo é conseguir unha mostra o máis ampla posible, (cubrilo só leva entre 5 e 10 minutos)

Para acceder ao cuestionario podedes facelo no seguinte link: https://forms.gle/qXHoMiGCV1qZ5Ehh9  e no caso de querer ampliar a información a través do mail: sandrasobreiraotero@gmail.com

O Vicepresidente da FGA, Jesús Vázquez destacou que “é unha investigación interesante de cara a podermos coñecer diferentes rexistros e variables das necesidades psicolóxicas dos atletas, polo que vos convidamos a todos a participar e a colaborar na difusión do cuestionario, dentro da Tese Doutoral elaborada por Sandra Sobreira e dirixida por unha persoa de referencia no ámbito da psicoloxía como Joaquín Dosil”.

O artigo A FGA colabora nun Programa de Investigación Psicolóxica publicouse primeiro en Federación Galega de Atletismo.


Enlace con la noticia original: A FGA colabora nun Programa de Investigación Psicolóxica

Mas noticias relacionadas