A FGA continúa co seu compromiso social

Publicado por: F.G. Atletismo

A Federación Galega de Atletismo participará xunto a outras vinte federacións deportivas galegas no proxecto Lugo co Deporte, Deporte con Corazón.
O ciclo comezará o vindeiro 22 de xuño no Vello Cárcere da Cidade das Murallas cunha xornada na que se poderá presenciar diversas mesas redondas nas que se tratará sobre lesións deportivas, a necesidade do recoñecemento médico deportivo e nutrición deportiva. De igual modo organizarase un obradoito de reanimación cardiopulmonar e uso do DESA.

Posteriormente cada mes a partir de setembro,  daranse encontros coas seguintes temáticas:

  • Deporte en Familia
  • Deporte inclusivo
  • O Deporte non ten idade
  • Nutrición
  • Muller e Deporte 
  • Deporte e Rehabilitación 
  • O Deporte dende outros puntos de vista 

Do mesmo modo durante os días 6 e 7 de Xuño de 2020 terá lugar a I Xuntanza Multideportiva Cidade de Lugo que se desenvolverá no Pazo de Feiras e Congresos de Lugo e onde as diferentes disciplinas deportivas realizarán diversas actividades.

O Vicepresidente da Federación Galega de Atletismo, Jesús Vázquez destacou que “é unha iniciativa moi interesante de cara a propiciar hábitos saudables entre a cidadanía, á vez que se coñecen diferentes actividades deportivas” . 

O artigo A FGA continúa co seu compromiso social publicouse primeiro en Federación Galega de Atletismo.


Enlace con la noticia original: A FGA continúa co seu compromiso social

Mas noticias relacionadas