Publicado por: F.G. Atletismo
A Federación Galega de Atletismo, en colaboración coa marca deportiva AMURA, acaba de presentar unha nova colección de roupa deportiva dirixida a todos os afeccionados e seguidoras do atletismo galego. A liña de produtos, xa dispoñible para a súa compra a través da ligazón habilitada, inclúe unha ampla variedade de pezas e accesorios: cazadoras, suadoiros, camisetas, polos e mochilas, todos deseñados cun estilo moderno e funcional.
Con esta iniciativa, a Federación busca non só ofrecer un material de calidade a deportistas e afeccioados, senón tamén xerar un novo recurso económico federativo. Deste xeito, cada adquisición contribuirá directamente ao fortalecemento e mellora do tecido atlético galego.
A colección xa está dispoñible en liña, convidando á comunidade atlética e a todo o público interesado a sumarse a esta proposta que combina identidade, utilidade e apoio ao noso atletismo.
O artigo A FGA lanza unha colección de roupa deportiva en colaboración con AMURA publicouse primeiro en Federación Galega de Atletismo.
Enlace con la noticia original: A FGA lanza unha colección de roupa deportiva en colaboración con AMURA