A FGA participará na Semana do Deporte en Burela

Publicado por: F.G. Atletismo

A Federación Galega de Atletismo estará presente participando en dúas actividades da Semana do Deporte de Burela.  Os actos programados darán comezo no día de hoxe, onde o Delegado da Federación Galega de Atletismo en Lugo , José Peña e o responsable técnico da Mariña, Raúl Redondo, impartirán sendos obradoiros de iniciación ó Atletismo nos dous colexios da localidade. Alí estarán acompañados pola atleta da Mariña Olga Vicente, premiada na última Gala do Atletismo Galego desenvolta a pasada fin de semana no Concello da Estrada.

O Xoves ás 20.00 h. nun dos actos centrais da Semana do Deporte de Burela organizada pola Área que dirixe o Concelleiro de Deportes Ramiro Fernández, terá lugar unha mesa redonda co título “Muller e Deporte”, onde estarán presentes entre outras destacadas deportistas Pili Neira, historia viva do deporte galego, así como a atleta local Carla Trillo.
A mesa redonda será moderada polo Vicepresidente da FGA, Jesús Vázquez.

Con esta nova iniciativa, a Federación Galega de Atletismo continúa ca súa campaña de promover o Atletismo ó longo de diferentes comarcas do territorio galego.

O artigo A FGA participará na Semana do Deporte en Burela publicouse primeiro en Federación Galega de Atletismo.


Enlace con la noticia original: A FGA participará na Semana do Deporte en Burela

Mas noticias relacionadas