A media marathon de Pontevedra pon o peche a tempada nesta distancia

Publicado por: F.G. Atletismo

Ca tempada en ruta practicamente rematada e a falta das probas de Arumes de O Corgo, Carreira da Carballeira de Ourense, Popular de Ames, e sobre todo a clásica Pedestre de Santiago,continúa a intensa actividade das probas en ruta na nosa comunidade que dará paso nesta fin de semana a disputa da XXIII Media Maratón Pontevedra-Citibank organizado polo Concello de Pontevedra e Sociedad Gimnástica. A cita será este domingo día 21 as 11.00 horas ó remate da cal, coñeceremos quenes suceden no palmarés a Manuel Guerreiro e Leticia Fernández gañadores no ano pasado.

Con esta proba, son cinco as “medias” que se viñeron disputando este ano polas principais rúas das nosas estradas o que garantizaría unha importante oferta para o numeroso colectivo demandante destas distancias.

Relacións gañadores medias marathons 2017-2018

O artigo A media marathon de Pontevedra pon o peche a tempada nesta distancia publicouse primeiro en Federación Galega de Atletismo.


Enlace con la noticia original: A media marathon de Pontevedra pon o peche a tempada nesta distancia

Mas noticias relacionadas