A previa 02/02: Galego de Cross e continúan os controis

Publicado por: Celta Atletismo

Comeza o mes de febreiro para os atletas célticos. Nesta fin de semana o cross e os controis de marcas seguirán sendo os protagonistas.

  • Ribadavia será a sé do LXXXIII Campionato de Galicia Absoluto de Campo a Través Individual e Clubs un ano máis. Á vila ourensá viaxarán Lucía Cardesín Brais González como representantes na categoría sub20 e Fran Rodríguez e Juan Pazos na carreira absoluta este domingo.
  • Lugo volve a acoller as xornadas da Copa Deputación, malia que as probas ao aire libre foron canceladas polas condicións meteorolóxicas incluindo o Campionato Galego de lanzamentos en categorías menores. Non obstante, as probas do módulo da III Xornada da Copa desputaránse con normalidade o sábado 3.
  • Tamén na beira do Miño pero en Vila Nova da Cerveira os lanzadores célticos participarán na III Jornada de Lançamentos de Lovehle, escenario habitual de mínimas nacionais e grandes marcas se a meteoroloxía é propicia.

Desexarlle a mellor das sortes a todos eles. O luns, a crónica!


Enlace con la noticia original: A previa 02/02: Galego de Cross e continúan os controis

Mas noticias relacionadas