A previa 09/02: Promesas en Salamanca e Marcha polo Entroido!

Publicado por: Celta Atletismo

Fin de semana intensa en toda a xeografía galega polo Entroido, pero máis intensa aínda para os nosos atletas. O mes de febreiro xa entrou de pleno e

  • Salamanca será o escenario central deste fin de semana co Campionato de España sub23 de Pista Cuberta. A presenza de 5 atletas célticos na cidade do Tormes dará o comezo aos campionatos nacionais baixo teito, sendo estes segundo a súa marca de inscripción Pedro Juncal (12º no 400), Andrea Nóvoa (11º en Pentathlon), Elvira Okutu (12º na lonxitude), Luis del Río (15º no 800) e Raquel Arias (19º no 200). Malia ter a mínima, Laura Santos non poderá participar debido a unha lesión da cal lle desexamos unha pronta recuperación.

    Andrea Nóvoa acudirá dende Noruega para participar no campionato. Afouteza!

  • Tamén lonxe do Entroido galego pero en Pombal estarán presentes os atletas do grupo de David Gómez no Campionato Indoor de Portugal, participando Eva Queimaño Karolina Puchmertlova no pentathlon e Bea Viteri e Miguel Cajaraville na pértega. Aproveitamos para agradecer unha vez máis a hospitalidade en tódalas competicións ó outro lado da raia.
  • Mentres, Pontevedra volverá a acoller este sábado o Campionato Galego de Lanzamentos Longos de Inverno, conxuntamente co I Control de Inverno da Sociedade Gimnástica de Pontevedra. Nas pistas do CGTD estarán presentes os lanzadores do clube máis destacados como Nacho Fernández, Irene Gómez, Jonathan Correa, Mar Pérez, Noel Vega ou o regreso de Laura Meira.

    Noel Vega participará no disco no CGTD, sendo un dos máis veteranos unha vez máis na representación céltica

  • Cangas será este domingo a sé do Campionato Galego de Marcha en Ruta. No circuito do porto de Aldán estarán presentes os nosos marchadores Jose Fernández, Iria Rivas e Brais Prieto. Servirá como preámbulo para as citas do 25 de febreiro co Campionato de España de Marcha en Ruta de Burjassot e o Campionato de España de 20 km Abosluto e Sub-23 en Castellón.

 

 

Dende Salamanca informaremosvos da última hora das nosas promesas, especialmente polo noso Instagram que acaba de superar os 1.000 seguidores. Moita sorte a todos!


Enlace con la noticia original: A previa 09/02: Promesas en Salamanca e Marcha polo Entroido!

Mas noticias relacionadas