A Selección Galega de campo a través, lembrará a Alejandro Gómez

Publicado por: F.G. Atletismo

Fai practicamente un ano, a Selección Galega de Campo a través tomaba parte no nacional que se disputaba na capital aragonesa de Zaragoza. Poucos días despois dese campionato, a situación sanitaria  que todos coñecemos, abrigaba a suspensión de todo tipo de actividade que levaría por diante algo tan impensable como os mismísimos Xogos Olímpicos.

Como si dunha ¨longa noite de pedra¨ se tratara, novamente a cita máis importante do calendario nacional da especialidade volverá a xuntar esta fin de semana en Xetafe, ás máis importantes seleccións do Estado na procura dun dos postos de honra, tanto no individual como no colectivo.

A ela acude como cada ano a Selección Galega nunhas circunstancias excepcioanis que obrigaron ao Sector Técnico a confeccionar un combinado sin referentes previos competitivos dos cales tomar pautas, circunstancia esta que dificultaría a elaboración das listas.

Malia os atrancos, Galicia acude a Xetafe cunha expedición composta por un total de 24 atletas que formarán os equipos Absoluto, Sub23 e Sub20 destacando na mesma a presenza de varias e varios atletas internacioanis.

A Selección absoluta femenina estará liderada pola Subcampioa mundial en duathlon Sub20, a  venezolana con ficha por Galicia  Edymar Brea quen aportará calidade a un combinado onde tamén estará na línea de saída a internacional Uxía Pérez que o ano pasado lograba unha excelente décima posición. Xunta elas contarase ca presenza de ilustres internacionais como as fondistas Sandra Mosquera do Comesaña S.C. ou Paula Mayobre do Running Pinto Seoane facendo o seu debut na absoluta Laura Santos do Lucus Caixa Rural Galega

A categoría masculina será encabezada polo tamén internacional Alex Fernández do Ourense Atletismo, quen tomará parte sobre os 10.000 metros de circuito xunto a Carlos Porto da Gimnástica, Alvaro Prieto do Atletismo Narón, Esteban Iglesia do Lucus Caixa Rural Galega e Jorge Puig do C.A. Santiago.

Na categorías Sub23 e Sub20 femininas tanto Elena Costa do A.F. Celta como Nerea Lage do Atletismo Friol, estarán ao fronte dos respectivos equipos o mesmo que o naronés  Iván Puentes no Sub23 masculino. El Medhi El Naboaui volverá ser o máximo referente na Sub20 donde xa o ano pasado lograba a medalla de prata no nacional da especialidade.

Lazo negro en memoria de Alejandro Gómez

Sen lugar a dúbidas na memoria e no corazón de todos os alí presentes estará a figura recentemente desaperecida de Alejandro Gómez quen tantas veces participaría neste campionato e a cuxo máximo peldaño subiría en seis ocasións ao longo da súa traxectoria. Por tal motivo a Xunta de Goberno da FGA ven de aprobar recentemente que no día do campionato todas e todos os compoñentes da Selección, compitan cun lazo negro na camiseta galega, esa que tantas veces defendería, como lembranza e honra a un dos máis grandes do atletismo galego.

Selección Galega

Campionato de España

Foto: Alejandro Gómez gañando un Campionato de España de campo a Través ca Selección Galega

O artigo A Selección Galega de campo a través, lembrará a Alejandro Gómez publicouse primeiro en Federación Galega de Atletismo.


Enlace con la noticia original: A Selección Galega de campo a través, lembrará a Alejandro Gómez

Mas noticias relacionadas