A Selección galega de marcha viaxa a Zaragoza

Publicado por: F.G. Atletismo

Un total de dazanove atletas galegos e galegas viaxarán esta fin de semana a Zaragoza a tomar parte no Campionato de España de marcha en ruta por seleccións.

O campionato que se disputará o domingo 25 a partir das nove horas, xuntará a un total de doce comunidades na procura dos postos de podio.

Selección galega Sub16 e Sub20

O equipo Sub16 estará liderado polos actuáis campións galegos Alba Morales e Tomás Bautista os cales intentarán, xunto ao resto de integrantes, mellorar os postos sétimo e quinto colleitados pola Selección na pasada edición de Cieza.

Xa na categoría Sub20, a internacional Aldara Meilán tomará parte como unha das principais favoritas ao título individual sobre a proba dos 10 Km. A lucense quen xa gañara o ano pasado,  lidera un equipo cuxo obxectivo e reeditar o posto de podio logrado en Cieza. Pola súa banda, a selección masculina Sub20 terá no actual campión galego Pablo Sánchez  ao mellor dos seus homes na procura de conducir ao combinado á loita polos postos importantes.

Seleccion Galega

O artigo A Selección galega de marcha viaxa a Zaragoza publicouse primeiro en Federación Galega de Atletismo.


Enlace con la noticia original: A Selección galega de marcha viaxa a Zaragoza

Mas noticias relacionadas