A Selección Galega Sub18 viaxa a Logroño

Publicado por: F.G. Atletismo

Esta fin de semana terá lugar unha nova cita para a selección galega, desta vez na categoría Sub18, quen acudirá ata as pistas logroñesas do CTD Adarraga para tomar parte no Campionato de España de Seleccións autonómicas.

Ata a capital rioxana acude un importante combinado galego mixto ca intencion de mellorar o quinto lugar cooleitado o ano pasado en Valladolid e a cuxa cabeza ,sitúase a internacional Xela Martínez da Escola Atlética quen tomará parte na proba dos 2.000 obstáculos.

Xunto a plusmarquista e campioa de España lucense, tamén estarán presentes importantes e destacados atletas entre os cales se atopan os medallistas de bronce nos pasados nacionais indoor Teo de Frutos do Lucus Caixa Rural, quen tomará a saída nos 3.000 m., e Daniel Salgueiro do Coruña Comarca quen o fará sobre os 800 m.

A selección complétase con atletas de primero ano que xa saben o que é estar nun podio nacional Sub16. Así, estarán sobre o sintético da capital rioxana a campioa de España Celia Castro do Mazí a quen veremos tomar parte nos 400 m,  a subcampioa nacional Amparo Corredoira da Atlética Lucense nos 1.500 m. e a medallista de bronce Gema Dacosta do Vila de Cangas en peso.

Plusmarquistas e medallistas do pasado absoluto de aire libre

Compre salientar na relación das vintedúas convocadas e convocados, a presenza dalgúns dos medallistas do pasado Campionato de Galicia absoluto celebrado en Santiago a pasada fin de semana entre os cales figuran Matías Moldes do At. Sada en pértega; Unai Loureiro do Riazor Coruña en triplo; Pablo Sánchez da Atlética Lucense en marcha; Martina Gutiérrez do A.F. Celta en altura; Marina Artemia Pérez da Gimnástica en lonxitude e Aixa Corbacho en martelo do Rías Baixas. De igual modo a recén plusmarquista galega sub18 dos 400 m. Alicia Barreiro do Ria Ferrol, estará tomando  parte nos 400 valos.

O artigo A Selección Galega Sub18 viaxa a Logroño publicouse primeiro en Federación Galega de Atletismo.


Enlace con la noticia original: A Selección Galega Sub18 viaxa a Logroño

Mas noticias relacionadas