Publicado por: F.G. Atletismo
A Federación Galega de Atletismo xunto a Real Federación Española de Atletismo, no eido do Programa Nacional de Tecnificación Deportiva (PNTD) para 2025 da RFEA, e ca colaboración da Universidade de Santiago de Compostela, organizan para o vindeiro día 20 de setembro unha xornada de especialización e de seguimento para os sectores de fondo e de medio fondo nas pistas universitarias da USC de Santiago, a cuxo fronte a nivel operativo, estará o responsable do sector da FGA Manuel Hurtado.
As xornadas, que darán comezo as 9:45 ca recepción de atletas e rematarán ás 18:00 horas, terán como principal obxectivo traballar a eficiencia mecánica en carreiras de fondo e medio fondo. Para elo haberá sesións teóricas e prácticas nas que intervirán o adestrador convidado da RFEA Juan Carlos Galán así como o internacional galego de maratón Pedro Nimo, quen aportará o a súa experiencia e coñecementos.
Entre a relación dos 30 atletas convidados, figuran os grandes valores do atletismo galego na actualidade como Sabela Martínez, Alex Sierpes, Javier Picos, Xoel Franco, Debris e Dameku Paniagua ou Sabela Castelo só por citar a algúns.
O artigo A Tecnificación Deportiva abre o curso cos grandes valores galegos do fondo e mediofondo publicouse primeiro en Federación Galega de Atletismo.
Enlace con la noticia original: A Tecnificación Deportiva abre o curso cos grandes valores galegos do fondo e mediofondo