Publicado por: F.G. Atletismo
A Unión de Federacións Deportivas Galegas (UFEDEGA) convoca para este xoves ás 18:00 horas na Cidadeda Cultura (Auditorio 1-Edificio Zinc) a presentación do proxecto para a erradicación da violencia no deporte “Deixa Xogar” que nace do traballo conxunto da Unión de Federacións Deportivas Galegas, de Juntos Invulnerables e da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes da Xunta de Galicia.
A actividade, que é pioneira para a erradicación da violencia no deporte galego, enmárcase dentro da programación de actos e eventos que a entidade desenvolve ao longo do ano e que desta ocasión, estará centrada neste importante problema que preocupa por igual a todas as capas e niveles do deporte galego.
Prazas limitadas
A invitación, que é de balde, está pensada para todas aquelas persoas, entidades, adestradores, clubs, xuíces, organizadores e deportistas en xeral que desexen acudir á mesma, sendo unicamente preciso para asistir, ter previamente formalizada a inscrición a través da seguinte ligazón (inscrición) (aberta ata completar aforo)
O artigo A UFEDEGA presenta o proxecto “Deixa Xogar” publicouse primeiro en Federación Galega de Atletismo.
Enlace con la noticia original: A UFEDEGA presenta o proxecto “Deixa Xogar”
