ABERTO O PRAZO DE TRAMITACIÓN DE LICENZAS 2021

Publicado por: Lucus Atletismo

Infórmase de que xa está aberto o prazo de tramitación das licenzas deportivas para a vindeira TEMPADA 2021, que abarcará do 1 de xaneiro ao 31 de decembro de 2021.

 

O procedemento para realizar a ALTA ou RENOVACIÓN de atletas será o seguinte:

  • Cubrir a ficha de inscrición do Club e declaración responsable COVID-19 (➤ aquí).
  • Adxuntar o xustificante do pago da cota anual (100€).
  • Tarxeta de residente e certificado de empadroamento (SÓ ATLETAS DO ESTRANXEIRO).

 

Podedes achegar a documentación correspondente a través do enderezo electrónico do Club (atletismolucus@yahoo.es) ou de xeito presencial na oficina, en horario de atención ao público (xoves e venres de 18:30 a 20:30 horas). O prazo para facelo será do 9 ao 29 de novembro de 2020, fóra dese prazo, será responsabilidade de cada atleta os posibles recargos que se apliquen para a tramitación.

Non esquezades revisar se tedes autorizado o CONSENTIMENTO LEGAL para o tratamento dos datos persoais por parte da Federación (podedes facelo desde ➤ aquí). Lembrade que, sen ter autorizado o consentimento legal, a Federación non tramitará a licenza deportiva.

 
Grazas a todas e todos por confiar en nós, este ano con máis #RESPONSABILIDADE  e ilusión que nunca!

Enlace con la noticia original: ABERTO O PRAZO DE TRAMITACIÓN DE LICENZAS 2021

Mas noticias relacionadas