Acordo multilateral para o uso das pistas da Cidade Cultural en Lugo

Publicado por: F.G. Atletismo

O atletismo en Lugo continúa ca incorpración de importantes acordos e convenios como o que tería lugar estes dias entre os clubes da cidade e a a Federación Galega de Atletismo. As citadas entidades chegaron a un acordo coa Xunta de Galicia, a través da Xefatura Territorial de Educación, para o uso e mantemento das instalacións das Pistas da Cidade Cultural, ante a falta de convenio do Concello de Lugo cos centros educativos dos que depende o uso da instalación. Este acordo vai permitir entre outros aspectos, un importante incremento horario de varios clubes e colexios para o seu emprego.

Os clubes que adestrarán na instalación serán:

  • Escola Atlética Lucense
  • Franciscanos
  • Maristas
  • Salesianos
  • Anexa
  • Team Maxi
  • Piringalla

Aínda así, pódese a incorporación doutras entidades, pendentes de pechar os seus procesos de inscrición.

A FGA, a través do seu Vicepresidente, Jesús Vázquez salientou “a colaboración e predisposición absoluta da Xefa Territorial de Educación, Mariña Gueimunde, que coa súa involucración directa fai que máis de 600 atletas poidan adestrar nas instalacións de maneira cotiá”

Dende a Xunta Directiva da Federación Galega de Atletismo, destácase a unanimidade de todos os clubes e colexios, coa involucración directa de todos eles, salientando o paso dado por Javier Piñeiro ‘Nani’, alma mater da Escola Atlética Lucense, no tocante á instalación.

O artigo Acordo multilateral para o uso das pistas da Cidade Cultural en Lugo publicouse primeiro en Federación Galega de Atletismo.


Enlace con la noticia original: Acordo multilateral para o uso das pistas da Cidade Cultural en Lugo

Mas noticias relacionadas