Angel Fidalgo, novo delegado da FGA en Ourense

Publicado por: F.G. Atletismo

Angel Fidalgo Vázquez,  e por designación do Presidente da FGA, é dende o día de onte oficialmente o novo Delegado da FGA en Ourense.

Este ourensán nado no ano 1969, viña sumindo a maior parte do peso da Delegación dende a renuncia do seu anterior responsable, sendo o primeiro dos cambios introducidos nas mesmas, polo recentemente presidente electo Isidoro Hornillos.

Figura moi coñecida no mundo do atletismo, estaría vencellado ó noso deporte en varias fecetas que o levarían a asumir a parcela técnica no organigrama do club Ourense Atletismo Academia Postal compaxinándoas con tarefas de adestrador. A nivel federativo e durante os últimos anos, formou parte de varias comisións e xuntanzas técnicas dando comezo no ano 2005 a súa actividade como xuíz que o levaría no 2007 a acadar o nivel 1.

O artigo Angel Fidalgo, novo delegado da FGA en Ourense publicouse primeiro en Federación Galega de Atletismo.


Enlace con la noticia original: Angel Fidalgo, novo delegado da FGA en Ourense

Mas noticias relacionadas