
Publicado por: F.G. Atletismo
A Deputación da Coruña ven de publicar no Boletín Oficial da Provincia a relación de probas que integran o XII Circuíto de Carreiras, unha iniciativa consolidada que volverá levar o atletismo popular a 36 concellos da provincia ao longo de 2026 e que o pasado ano reuniu a arredor de 25.000 atletas de todas as idades.
As carreiras desta edición comezaron xa esta pasada fin de semana coa celebración da Carreira Popular Pascua de Padrón, unha das probas máis consolidadas do calendario.
O circuíto estará composto por 36 carreiras, que se celebrarán en diferentes concellos coruñeses e que incluirán probas de distintas distancias, adaptadas a diversos niveis de participación.
O deputado de Deportes, Antonio Leira, destacou “a boa acollida que ten cada ano o circuíto e o traballo conxunto entre a Deputación, os concellos e a Federación Galega de Atletismo para garantir probas ben organizadas e abertas a todo tipo de participantes“. Iván Sanmartín pola súa banda, salientaba a importancia deste proxecto ” que ademáis de servir como un gran elemento vertebrador, permite achegarnos a un gran número de pequenos concellos” salientando ao mesmo tempo, “a importante e fructífera colaboración que estamos mantendo ca Deputación da Coruña en cada un dos proxectos deportivos desenvoltos”
O XII Circuíto manterá o seu carácter aberto, con categorías para diferentes idades e niveis, consolidando un calendario deportivo presente en toda a provincia ao longo do ano.

O artigo Arrinca o XII Circuito de carreiras populares da Deputación da Coruña publicouse primeiro en Federación Galega de Atletismo.
Enlace con la noticia original: Arrinca o XII Circuito de carreiras populares da Deputación da Coruña
