As combinadas piden paso esta fin de semana

Publicado por: F.G. Atletismo

De novo as pistas do CGTD de Pontevedra darán acollida os días 7 e 8 desta fin de semana o IV Campionato de Galicia de clubs de probas combinadas (sub-16 ata absoluto) así como o XIV Campionato de Galicia Máster da mesma especialidade.

Na relación de equipos masculinos inscritos nesta edición toman parte a Sociedad Gimnástica de Pontevedra que defende o título acadado o ano pasado neste mesmo esciario. Xunto ós actuáis campións, aspiran ó título da mesma maneira o C.A. Millaraio e C.A. Narón. Na categoría feminina, e ante a ausencia do Riazor Coruña gañador o ano pasado, a loita estará entre a Gimnástica de Pontevedra (actual subcampión) e o C.A. Millario.

No que atinxe a categoría de veteranos salientamos a presenza da campioa do ano pasado Angeles Bernárdez do Samertolomeu na categoría máster 45

Horario definitivo

Relación de Participantes

O artigo As combinadas piden paso esta fin de semana publicouse primeiro en Federación Galega de Atletismo.


Enlace con la noticia original: As combinadas piden paso esta fin de semana

Mas noticias relacionadas