Ata sempre compañeiro

Publicado por: F.G. Atletismo

Desde a Federación Galega de Atletismo temos que lamentar fondamente o falecemento dun dos nosos,  Xamín Fernández.

Xamín fora un dos máis importante atletas do medio fondo estatais da época dos anos oitenta chegando a lograr varios títulos de España e a ser catro veces internacional.

As ordes doutro magnífico adestrador, Ricardo Gurriarán, lograrían nas pistas santiaguesas da Universidade dar forma a un proxecto deportivo que logrou codearse cos Abascal e González, estandartes de toda a época gloriase do noso deporte da que Xamín foi peza fundamental.

Comprometido politica e socialmente, vivía apartado das pistas desde fai moitos anos.

Unha loga enfermidade acababa ca vida dun dos bos e xenerosos do noso deporte, cuxa vida foi recollida polo gran Emilio Navaza nos seus escritos de Vida Atlética de Galicia.

Boa viaxe Xamín.

O artigo Ata sempre compañeiro publicouse primeiro en Federación Galega de Atletismo.


Enlace con la noticia original: Ata sempre compañeiro

Mas noticias relacionadas