AVISO COMPETICIÓNS 2020

Publicado por: Lucus Atletismo

AVISO PARA AS COMPETICIÓNS DA TEMPADA 2020

En vista dos cambios que se están a producir nos regulamentos das probas por parte da Federación Galega de Atletismo, con respecto ao incremento nos pagos por inscrición de atletas e o correspondente cargo á conta bancaria do Club, infórmase de que a partir do 1 de xaneiro de 2020 será responsabilidade de cada atleta o abono da inscrición nas competicións que así o esixan. Ata o momento, e nas últimas competicións, o Club estaba asumindo a meirande parte do cobro por tratarse de ocasións puntuais pero, debido ao incremento das últimas xornadas, vémonos obrigados a derivar este gasto aos propios e propias atletas.

O importe aparecerá indicado no nome da competición (na páxina de Inscricións do Club) e deberá abonarse previamente para que se tramite a inscrición. 

! IMPORTANTE:

  • O Club non realizará inscricións sen previo abono do importe correspondente.
  • Deberán abonar a inscrición todas e todos os atletas, tanto da Escola como do Club.
  • Exclúense de pago os campionatos autonómicos e nacionais, ou os que así se especifiquen na páxina de inscricións do Club.

Agardamos a vosa comprensión e colaboración,

MOITAS GRAZAS.

Enlace con la noticia original: AVISO COMPETICIÓNS 2020

Mas noticias relacionadas