Balaidos lanza o autonómico Sub16, Sub18 e Sub20

Publicado por: F.G. Atletismo

Logo do desenvolvemento a pasada fin de semana do Campionato Xunta de Galicia de lanzamentos longos absolutos en Lugo, será este sábado e domingo cando as pistas viguesas de Balaidos reciban aos participantes no autonómico Sub16, Sub18 e Sub20 na que tomarán parte preto dun cento de lanzadores e lanzadoras.

Entre a relación de atletas destacados, salienta a presenza no concurso de disco  do recente plusmarquista nacional Sub16 de peso con 20.30 m. e unha das nosas máis prometedoras promesas do sector, Hugo Casañas do Rías Baixas. Estaremos moi pendentes ao que poida facer sobre o círculo de lanzamento onde podería estar por encima do seu propio récord galego de 64.10 m.

A tamén atleta do Rías Baixas, Aixa Corbacho será outra dos pratos fortes do campionato, encabezando na actualidade o ranking nacional de martelo Sub18 con 60.82 m.

As xavelinas Sub18 terán nos atletas do Barbanza Enzo Moure con 57.95 m. e a Lara Iglesias con 51.15 m. aos claros aspirantes ao título autonómico desta modalidade.

A maiores tamén estaremos pendentes das actuacións dos a priori favoritas e favoritos ao título galego:

  • Na categoría Sub16: Javier Cid do Ourense At. e Lidia Valdés do At. Sada en martelo;  Noa Díaz do At. Narón e Manuel Eirin do Ourense At. en xavelina así como Irene Conde do At. Sada en disco.
  • Na categoría Sub 18:  Xaido Nimo do R.C.Celta no martelo e Gema Dacosta do Vila de Cangas e Eloy Acuña da Gimnástica no disco.
  • Na categoría Sub 20: Sergio González do Barbanza na xavelina; Bran Núñez do R.C. Celta e Erika Fernández do At. Narón en disco; Hugo Fernández do Ourense At. no martelo, e as atletas do Ames Atletismo María Vázquez  no martelo e María Villaverde na xavelina

O artigo Balaidos lanza o autonómico Sub16, Sub18 e Sub20 publicouse primeiro en Federación Galega de Atletismo.


Enlace con la noticia original: Balaidos lanza o autonómico Sub16, Sub18 e Sub20

Mas noticias relacionadas