Berlín terá acento galego

Publicado por: F.G. Atletismo

No día de onte a Real Federación Española facía público a lista de atletas seleccioados que tomarán parte no vindeiro Campionato de Europa de Atletismo que se desenvolverá na capital alemana dos días 7 ó 12 de agosto.

Nela figura unha nutrida participación de atletas entre os cales se atopan seis galegos que aportan un peso importante dentro do conxunto de expedicionarios. Cara estes campionatos pártese con moito optimismo e motivación e no que Ana Peleteiro figura  como unha das serias candidatas ó titulo continental. A pupila de Iván Pedroso tomará parte no concurso de triple, tendo acreditado este ano un rexistro de 14.55 m. que supuxo unha MMP para a de Barbanza así como e un récord galego de absoluto. Tomará parte nas clasificatorias o día 8 as 11.05 horas.

Xunto ela, o resto de galegos e galegas serán os seguintes:

Lidia Parada da Atlética Barbanza adestrada por Abelardo Moure, tomará parte no concurso de xavelina. Ten acreditada este ano unha marca de 61.25 m. que supuxo un novo récord galego. O seu concurso será o día 9 as 12.30 horas

Adrián Ben Montenegro do F.C.Barcelona adestrado por Arturo Martín tomará parte nos 1.500 m. Ten acreditados este ano unha MMP de 3:39.40 tomando parte nas clasificatorias o día 8 as 12.05 horas

Solange Pereira Da Ponte do Valencia Esports e adestrada por Juan del Campo e Luis Miguel Martín tomará parte nos 1.500 m. Ten unha MMT de 4:08.52 sendo a súa MMP de 4:06.39. Correrá a primeira rolda o día 10 as 12.00 horas

Jean Marie Okuto do F.C. Barcelona adestrador por Javier Medrazo tomará parte no conurso de lonxitude. Ten acreditado este ano unha MMT de 8.01 m. sendo a súa MMP de 8.17 m.  O seu concurso será o dia 6 as 16.35 horas

Pedro Nimo del Oro do 3RUN by PedroNimo e adestrado por Antonio Serrano será o noso representante na proba da marathon. Ten acreditado esta tempada un rexistro de 2h.15:12 sendo a súa MMP de 2h.12:10. Tomará parte na mítica proba o día 12 as 10.00 horas

WEB Campionato

 

O artigo Berlín terá acento galego publicouse primeiro en Federación Galega de Atletismo.


Enlace con la noticia original: Berlín terá acento galego

Mas noticias relacionadas