Bo papel da Selección Galega Sub16 en Asturias

Publicado por: F.G. Atletismo

Excelente comportamento da selección Galega Sub16 esta fin de semana no Campionato de España por Federacións autonómicas desenvolto en Asturias.

O Combinado galego, que tomaba parte xunto a un total de dazeis seleccións,  remataba nos postos de honra logo de acadar o cuarto posto na categoría feminina e o sexto na masculina.

O máis salientable por parte galega, foron os triunfos logrados no concurso de disco tanto por Mar Simón como por Hugo Casañas, os cales amosaron a súa gran calidade. A hispano-suiza e campioa de España, lanzaba no seu segundo intento ata os 43.93 quitado máis de tres metros á segunda clasificada, pola súa banda, Casañas chegaba nada menos que ata os 62.29 m. que representan un novo récord galego, quedando ás portas do récord de España.

As probas de medio fondo e fondo tamén constituiron a punta de lanza da nosa selección. O plusmarquista galego Javier Picos, en excelente carreira, lograba un autoritario triunfo sobre os 600 m. con 1:22.73 ao igual que Sabela Martínez nunha emocioante proba dos 1.000 m. na que se impuxo con 3:02:48.

Novamente os 3.000 m. contaron co fabuloso tanden formado por Sabela Castelo e Alex Sierpres. O plusmarquista nacional de obstáculos facía alarde da súa superioridade ao  rematar a proba en 8:45.54 a máis de doce segundos do segundo clasificado. Igual superioridade foi a que amosaba a líder do ranking nacional Sabela Castelo logo de sumar o seu enésimo triunfo nunha tempada que está resultando tremendamente positiva para ela.

No resto de actuacións cabe salientar os postos de podio logrados por Debris Paniagua nos 1.500 obstáculos con 5:20.97; Paula Conde nos 100 m.con 12.78 e Icia Ares nos 3.000 marcha con 15:09.87.

O resto de actuación quedaron da seguinte maneira:

  • 4º Sebastián Bascoy nos 300 m. con 36.25
  • 4ª Iria Solera en altura con 1.59 m.
  • 4º Gael Couñago en altura con 1.81 m.
  • 4ª María Estévez nos 600 m. con 1:39.80
  • 4ª Celia Fernández nos 100 valos con 14.97
  • 4ª Antía Otero en xavelina con 39.58 m.
  • 4º Anxo Filgueira en martelo con 48.92 m.
  • 4ª Selección Galega Homes no 4×300 con 2:29.69
  • 4ª Selección Galega Mulleres no 4×300 con 2:50.93
  • 5º Martiño Salgado nos 300 valos con 41.75
  • 5º Aaaron Pérez no triplo con 12.94 m.
  • 5º Sergio Fernández en peso con 12.92 m.
  • 6º  Selección Galega homes do 4×100 con 45.49
  • 7º Adrian Bernárdez nos 100 m. con 11.80
  • 7º Pedro Reino en lonxitude con 6.18 m.
  • 7ª Irma Veiguela nos 300 m. con 42.55
  • 8ª Lydia Valdes en martelo con 36.49 m.
  • 8º Alvaro Fontán en pértega con 2.97
  • 8º Manuel Eirín en xavelina con 41.96 m.
  • 8ª Irene Serantes nos 300 valos con 47.80
  • 9ª Rebeca Fernández en pértega con 2.67 m.
  • 9ª Lucía González en lonxitude con 4.87 m.
  • 10ª Selección Galega Mulleres no 4×100 con 51.07
  • 10ª Valentina Rodríguez en triplo con 10.53 m.
  • 10º Aitana Capeáns en peso con 10.72 m.
  • 10º Gael Varela nos 1.500 obstáculos con 4:40.35
  • 11º Diego García nos 5.000 marcha con 27:56.71
  • 13º Iván Costas en 1.000 m. con 2:43.89
  • Smf. Manuel Vázquez nos 100 valos con 17.73

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

O artigo Bo papel da Selección Galega Sub16 en Asturias publicouse primeiro en Federación Galega de Atletismo.


Enlace con la noticia original: Bo papel da Selección Galega Sub16 en Asturias

Mas noticias relacionadas