Calidade e disfrute no Xunta de Galicia Máster

Publicado por: F.G. Atletismo

Importante cita a vivida durante esta fin de semana na pista cuberta de Expourense quen acollía ao Campionato Xunta de Galicia Máster individual e de Probas Combinadas que xuntaba a un amplo número de atletas.

O máis salientable do campionato foi o récord do mundo dun combinado galego masculino da categoría máster 65 formado polos atletas Pablo Fervenza e Domingo Álvarez do Samertolameu, Nemesio Gutiérrez do Atletismo Friol e Xosé Luís Otero Cepeda do Atletismo Santiago, quenes lograban parar o reloxo na proba dos 4×800 m. nun rexistro de 10:41.58 pulverizando a anterior plusmarca mundial lograda a finais do ano pasado en Madrid con 10:58.10 en máis de dazasete segundos.

Xunto a actuación deste cuarteto, tamén resultou salientable o récord de España efectuado por Lucía Ferreiro da Gimnástica de Pontevedra  quen na proba de pértega M40 melloraba a anterior plusmarca nacional que ela mesma tiña nun centímetro para deixala en 3.06.

En canto ás plusmarcas galegas batidas cabe salientar na categoría femenina F65 a Begoña de Arriba do Egovarros na proba dos 3.000 m. e Rosario Sureda do Lucus Caixa Rural quen facía o propio no concurso de altura na categoría F55. Continuando cos récords, notables foron tamén tanto as plusmarcas na F50 de Nuria Jones do Club La Purisima en triplo,como a da atleta olimpica rumana afincada en Galicia desde fai varios lustros Felicea Tilea en peso

En homes, novamente subliñamos a actuación da parella atlética do ADAS Proinor formada por Manuel Garcia Alfonso e por José Manuel Almudí. Os máis veteranos deste campionato (compiten na M80) lograban as plusmarcas dos 60 m. 200 m. e concurso de peso.

Xulio Ventín da Gimnástica, melloraba igualmente o tope galego na categoría M60 no concurso de pértega, sendo o lanzamento de peso quen tivo na figura de Julio Fernández do Ourense Atletismo ao seu plusmarquista autonómico na M75 .

Pola súa banda Domingo Álvarez lograba sobre os 400 m. M65 mellorar o seu propio record galego en preto de medio segundo. Por último, nos relevos tamén houbo que festexar os bos rexistros levados a cabo polos equipos do Samertolameu quenes como colofón do campionato acadaban as plusmarcas galegas tanto na F50 feminina como na do relevo mixto máster 55

No tocante ao Campionato galego de combinadas máster, cabe citar as boas actuacións a nivel xeral producíndose excelentes rexistros como os protagonizadas por José Domínguez Caballero na M45 e José Bello da M50 ambos de A Silva, así como a de a de Victor Méndez na M40 do Rías Baixas, quenes lograban establecer sendas plusmarcas galegas.

 

O artigo Calidade e disfrute no Xunta de Galicia Máster publicouse primeiro en Federación Galega de Atletismo.


Enlace con la noticia original: Calidade e disfrute no Xunta de Galicia Máster

Mas noticias relacionadas