CAMPIONATO DE GALICIA POR EQUIPOS SUB10, SUB12 e SUB14 (sábado 12 maio, Lugo)

Publicado por: Lucus Atletismo

ctogaliciaequipos_sub101214_120518.jpg
 
Este sábado 12 de maio terá lugar, no Estadio Gregorio Pérez Rivera en Lugo, o CAMPIONATO DE GALICIA POR EQUIPOS para as categorías menores da Escola de atletismo, na que o Lucus Caixa Rural Galega participará cos seus equipos feminino e masculino en todas elas. Xa está dispoñible o horario provisional coas probas, seguide lendo!
Desta vez, a quenda do campionato autonómico está destinada ás categorías sub10 (benxamín), sub12 (alevín) e sub14 (infantil), que poderán disputar as seguintes probas que se amosan, cun mínimo de seis participantes para as dúas primeiras e de oito para a última. Desde a Escola participarán todas elas cos seus equipos femininos e masculinos co obxectivo de colaborar en grupo para conseguir sumar o máximo número de puntos posibles, loitando todos/as eles/as por un obxectivo común e facendo deste deporte —como é o atletismo— un deporte de grupo. 
 
PROGRAMA DE PROBAS POR CATEGORÍA
ctogaliciaequipos_sub101214_120518-programaprobas.png

 

En canto aos horarios, sábese que na xornada de mañá debutarán as categorías sub10 (benx) e sub12 (alev), mentres que pola tarde será o momento dos sub14 (inf). Deixamos os HORARIOS PROVISIONAIS,  que actualizaremos en canto se confirmen os definitivos.
 
HORARIO PROVISIONAL DE MAÑÁ
ctogaliciaequipos_sub101214_120518-horarioma.png
 
HORARIO PROVISIONAL DE TARDE
ctogaliciaequipos_sub101214_120518-horariotarde.png

 

Para máis información, podedes consultar o regulamento premendo nos seguintes enlaces, así como os equipos preinscritos que participarán en cada unha das categorías.
 
 
VÉMONOS O SÁBADO APOIANDO AOS EQUIPOS cheesey.png
 

Enlace con la noticia original: CAMPIONATO DE GALICIA POR EQUIPOS SUB10, SUB12 e SUB14 (sábado 12 maio, Lugo)

Mas noticias relacionadas