CAMPIONATO PROVINCIAL Atletismo en pista – XOGADE (domingo 20 maio, Lugo)

Publicado por: Lucus Atletismo

atletismoenpistaxogade_ctoprovincial200518.jpg
 
Este domingo 20 de maio terá lugar —en xornada de mañá e de tarde— o CAMPIONATO PROVINCIAL de atletismo en pista de XOGADE, como resultado das dúas clasificacións previas nesta tempada ao aire libre. Esta derradeira competición repetirá a súa localización no Estadio Gregorio Pérez Rivera en Lugo e xa están dispoñibles os horarios e as probas!!
 
Neste campionato daranse cita as categorías menores, sendo as protagonistas os/as benxamíns, alevíns e infantís, que tamén poderán disputar as probas especiais de triatlón (para benxamín e alevín) e tetratlón (para infantil).

Adxúntase o HORARIO das distintas probas que se celebrarán ao longo da xornada. As clasificacións informaranse nos adestramentos desta semana ou vía correo electrónico logo da publicación da lista definitiva de inscricións pola organización. 

HORARIO
 ctoprovincial_200518horariom1.pngctoprovincial_200518horariom2.png
 
 ctoprovincial_200518horariot1.pngctoprovincial_200518horariot2.png

  

Como xa sabedes, lembrade os seguintes aspectos importantes de cara ao domingo:
 
  • Acudir, como mínimo, 50 minutos antes da hora da proba que realicedes.

  • Vestir a equipación de competir do club e, no caso de telas, as zapatillas de cravos. 

  • Traer imperdibles suficientes para a suxeición do dorsal proporcionado pola organización.
 
 
Para calquera dúbida podedes contactarnos a través do correo electrónico da Escola (escolalucus@gmail.com).
 
ESPERÁMOSVOS!!
 

Enlace con la noticia original: CAMPIONATO PROVINCIAL Atletismo en pista – XOGADE (domingo 20 maio, Lugo)

Mas noticias relacionadas