Campionato Provincial “Xogade”

Publicado por: Ourense Atletismo

Para o campionato provincial, a participación en carreiras é libre, pasando a disputar as finais nas probas que se disputan por rúas os 8 millores tempos das series clasificatorias.
Para participar nos concursos elaborarase unha táboa clasificatoria cos resultados das xornadas previas disputadas anteriormente (en Ourense e O Barco de Valdeorras), clasificandose os/as doce primeiros/as de cada concurso.

Disputarse conxuntamente co Campionato Provincial Individual o Campionato Provincial de Probas Combinadas, os atletas que opten por participar nas combinadas non poderán participar en ningunha outra proba individual.
Na inscripción deberase cumprir a norma de que cada atleta da categoría Benxamín e Alevín poderá participar, como máximo en dúas probas das que compoñen o programa, no conxunto das dúas xornadas (mañá e tarde) que integran o Campionato Provincial.

No caso de participar en dúas carreiras só poderá realizarse unha de máis de 250 metros.
Na categoría infantil, cada atleta poderá participar en cada xornada nun máximo de tres probas, respetando sempre a seguinte norma de participación: tres concursos; dous concursos e unha carreira ou un concurso e dúas carreiras (sendo unha delas inferior aos 250 metros).

No caso de participar en dúas probas respetarase a seguinte norma de participación: dos concursos; un concurso e unha carreira ou dúas carreiras (sendo unha delas inferior aos 250 metros).

A maiores haberá probas de relevos, no que cada entidade poderá anotar só a un equipo por categoría, non contando esta como límite nas probas.

Horario

 


Enlace con la noticia original: Campionato Provincial “Xogade”

Mas noticias relacionadas