CAMPIONATOS GALICIA DE PISTA CUBERTA (sábado 24 e domingo 25 de febreiro)

Publicado por: Lucus Atletismo

ctogaliciapc_24-250218.jpg
 
Esta fin de semana estaranse a disputar na provincia ourensá os CAMPIONATOS DE GALICIA DE PISTA CUBERTA, acollendo o sábado 24 ás categorías sub18 (xuvenil) e sub20 (xunior) e o domingo 25 ás categorías menores, sub 10 (benxamín), sub12 (alevín) e sub14 (infantil). Seguide lendo para coñecer horarios e demais información!
O primeiro dos días, sábado 24 de febreiro, terá lugar este campionato galego para os/as atletas das categorías sub18(xuv) e sub20(xun), ata onde se desprazarán máis de dez atletas do Lucus Caixa Rural Galega para lograr batir as súas mellores marcas, nas probas de velocidade, medio fondo, saltos e lanzamentos. Adxuntamos o HORARIO da mañá e da tarde. Moito éxito a todas e todos!
 
HORARIO SÁBADO 24 FEBREIRO
ctogaliciapc1820_horario1.png
ctogaliciapc1820_horario2.png

 

E xa o domingo 25 de febreiro serán os representantes da Escola de atletismo do Lucus Caixa Rural Galega os que se despracen ata a pista cuberta Expourense para conseguir algún título de campiona ou campión galegos, desfrutando da xornada e vivindo esta gran cita con moita ilusión. Acudirán atletas das categorías sub10(benx), sub12(alev) e sub14(inf) e o plan da VIAXE será o seguinte:

  • O autobús sairá ás 8:00 horas diante do IES Lucus Augusti (antigo Instituto Masculino), volvendo ao remate do campionato ao mesmo lugar de saída. Deberase acudir, polo menos, 10 minutos antes da hora de saída do bus, para facer reconto e xestionar as prazas dispoñibles. PRÉGASE PUNTUALIDADEAdemais, deberase abonar 5€ á subida no transporte, que inclúe a viaxe e a comida nun restaurante próximo á pista de atletismo.

  • Coma de costume, deberán traer imperdibles para a suxeición firme dos dorsais, así como vestir a equipación de competir do club.

  • Ante calquera imprevisto, poñerse en contacto canto antes cos responsables de cada unha das categorías da Escola.
  
Adxúntase o HORARIO das probas, tamén en xornada dobre de mañá e de tarde e moita sorte aos nosos pequenos e pequenas atletas!
 
HORARIO DOMINGO 25 FEBREIRO
ctogaliciapc101214_horario.png



Enlace con la noticia original: CAMPIONATOS GALICIA DE PISTA CUBERTA (sábado 24 e domingo 25 de febreiro)

Mas noticias relacionadas