CARMEN ESCARIZ, LISTA PARA O EUROPEO DE EQUIPOS

Publicado por: Ourense Atletismo

A atleta do Club Ourense Atletsimo Carmen Escariz participará este domingo no Campionato de Europa de Equipos que se disputará na cidade checa de Podebrady.

Participará na carreira dos 20km nunha nova experiencia internacional despois do mundial de Omán do ano pasado no que non puido rematar a falta de 2km para o final. A marcha atlética sempre é complicada, pelo polo menos desta vez o tempo prevese máis favorable para a práctica do deporte de alta competición.

Carmen, que vén de quedar séptima de España nos 20km, compartirá equipo coas marchadoras Mar Juárez, Antía Chamosa e Lucía Redondo.

 

La entrada CARMEN ESCARIZ, LISTA PARA O EUROPEO DE EQUIPOS apareció primero en Club Ourense Atletismo.


Enlace con la noticia original: CARMEN ESCARIZ, LISTA PARA O EUROPEO DE EQUIPOS

Mas noticias relacionadas