Publicado por: F.G. Atletismo
A Federación Galega organiza este sábado 22 de novembro a partir das 10:00 horas nas pistas do CGTD de Pontevedra, a décimo oitava edición correspondente ao Campionato Xunta de Galicia de Marcha en pista de inverno. Na mesma, están chamados a tomar parte máis de cento cincuenta marchadoras e marchadores que aspiran a lograr os últimos títulos autonómico da modalidade neste 2025.
Cartel de luxo
No tocante a participación de atletas confirmadas ata o momento, figura a presenza dos marchadores internacionais Antía e Daniel Chamosa da Gimnástica de Pontevedra, quenes parten como claros favoritos a revalidar os seus títulos absolutos de 5.000 marcha logrados o ano pasado na mesma instalación.
Xunto eles, tamén estarán competindo na categoría absoluta o plusmarquista e campión mundial máster Juan Manuel Morales do Marineda At., segundo clasificado o ano pasado e Nicolás Collazo do Ames At. Savante que lograba no 2024 o terceiro posto no campionato de España Sub18. Na categoría feminina, a internacional e campioa de España Sub18 Icia Ares do Ourense Atletismo, será a clara favorita nesta categoría. Natalia Rivas do Ria Ferrol na Sub20 así como Mar Chillón do Celta Atletismo, e os máster Manuel Polo do Narón, Herminia Grande do Ourense At., Patricia Simón do C.A. Cuntis e Carlos Morales da Gimnástica, serán tamén outros dos atletas destacados que estarán tomando parte.
No resto de probas e categorías base, os marchadores Sub16 do ADAS CUPA Paula Cela en mulleres e o campión de España Mateo Valcarce en homes, parten como claros favoritos ao título ao igual que Sara Cabado e Diego Fernández da Atlética Lucense na Sub14. Por último na Sub12, estaremos moi atentos ás evolucións tanto de Deva Pallas do Beade como de Simón Lorenzo do Marineda At. entre outros.
A categoría máis base deste campionato, a Sub10 reservada para atletas nados nos anos 2016-2017, contará cun amplo número de inscritos e inscritas entre os cales Laiane Iglesias da Atlética Lucense e Daniel Bermúdez do ADAS CUPA, acreditan á mellor marca.
II Circuito Galego de Marcha en Pista
Paralelamente á disputa deste campionato, celebrase conxuntame a penúltima proba do II Circuito Galego de Marcha Atlética que pasou ao longo deste 2025 polos Concellos de A Pobra, Cervo, Vigo, A Coruña, Pontevedra e que rematará o vindeiro 28 de decembro en Ames.
O artigo Cartel de luxo no galego de inverno de marcha en pista publicouse primeiro en Federación Galega de Atletismo.
Enlace con la noticia original: Cartel de luxo no galego de inverno de marcha en pista
