Catro autonómicos nunha fin de semana frenética

Publicado por: F.G. Atletismo

Intesísima fin de semana a que se vivirá a nivel atlético ao longo de toda a nosa Comunidade e na que nada menos que un total de catro campionatos autonómicos serán os que se desenvolvan nos Concello de Cervo, Ourense, Lugo e A Pobra

Por unha banda, Cervo acollerá o Memorial Alejandro Gómez na que tomarán parte un bo número de atletas na procura do título autonómico dos 10.000 e dos 5.000 m. As probas, que darán comezo as 15.30 horas, contarán ca participación destacada  de Amparo Corredoira e Miguel Alvariño da At.Lucense, así como a dos másters Nemesio Gutierrez do At. Friol e Soledad Castro do Comesaña.

O mesmo día as pistas lucenses do Gregorio Perez Rivera recibirán a disputa do campionato Xunta de Galicia de lanzamentos longos para as categorías absolutas e Sub23.

Na mesma tomará parte a lanzadora top mundial Yulenmis Aguilar na proba de xavelina como máxima atracción da edición. Xunto a atleta con ficha por Galicia, estarán tamén competindo nomes importantes tales como Carmen Sánchez e Paula Piñón en xavelina, Eric Méndez en martelo ou María Ezquerro en disco por citar só algúns e algunhas das máis destacadas.

As probas principiarán en dobre xornada de mañán e tarde comezando as 10.30 horas para dar remate sobre as 18.45 horas.

A marcha tamén terá a súa cita invernal esta fin de semana. En concreto será A Pobra quen reciba aos máis de 125 marchadores e marchadoras quenes estarán desenvolvendo o seu campionato autonomico o domingo a partir das 10.45 h.

Entre a relación de participantes destaca a presenza da internacional e unha das nosas firmes promesas Aldara Meilán quen tomará a saída na proba dos 10 km absolutos. Xunto á lucense tamén destaca a presenza sobre o circuito pobrense do campión europeo e mundial máster Juan Manuel Morales do Marineda.

Esta mesma proba servirá para inaugurar a primeira xornada do I Circuito Galego de marcha atlética 2024 creado neste mesmo ano.

Por último, Expourense continúa ca súa actividade de pista curta estando programadas para os días 3 e 4 o campionato autonómico de combinadas nas categorías absoluta, Sub20 e máster.

O certame, que se disputará durante o sábado e o domingo, contará ca presenza do atleta internacional Adolfo Saínz-Maza do Real Club Celta quen parte como claro favorito au título galego. No resto de categorías Carlos Ferrer do Samertolameu ou a de Juan Luis Paz do C.A.Sada entre outros e outras, figuran nunha relación na que estarán compitindo un total de 35 atletas.

O artigo Catro autonómicos nunha fin de semana frenética publicouse primeiro en Federación Galega de Atletismo.


Enlace con la noticia original: Catro autonómicos nunha fin de semana frenética

Mas noticias relacionadas