Catro equipos Sub14 acuden este fin de semana ao nacional por clubs

Publicado por: F.G. Atletismo

Todo preparado para que esta fin de semana tomen parte na cidade asturiana de Gijón os catro equipos galegos clasificados para disputar  o VIII Campionato de España Sub14 por clubs.

Tanto a Atlética A Silva e Atletismo Narón na categoría feminina como o Marineda Atlético e A. Millaraio na masculina, formarán parte do total de cincuenta e nove clubs que durante o sábado e domingo disputarán este interesante encontro polo que pasarán preto de 1.200 atletas.

En canto as actuacións individuais destacadas dos galegos e galegas achegados, haberá que seguir con especial interese a dos atletas Alex Sierpes do Ourense Atletismo nos 1.000 m.; Antía Otero do At. Narón e Miguel Rodríguez do Marineda At. en Peso, Noa García e Alba Morales do At. Narón e Nadir Moreira e David Moreno do Millaraio nos 2.000 marcha; Ignacio Vilela do Marineda e Adán González do Ourense Atletismo nos 80 m.l ; Icía Ares de A Silva e Nuno Castro do Millaraio na xavelina así como a Paula Fernández de A Silva nos 80 m.

 

O artigo Catro equipos Sub14 acuden este fin de semana ao nacional por clubs publicouse primeiro en Federación Galega de Atletismo.


Enlace con la noticia original: Catro equipos Sub14 acuden este fin de semana ao nacional por clubs

Mas noticias relacionadas