
Publicado por: Ourense Atletismo
Catro atletas do Sanysec – Ourense Atletismo competiron no Campionato de España Absoluto celebrado en Málaga.
Iria Solera foi indécima no salto de altura cunha marca de 1.65 metros. A atleta ourensá saltou á primeira o 1.60 e o 1.65, pero quedouse no 1.70.
Manuela Blanco foi a sexta clasificada no salto con pértega. A nosa atleta superou o listón en 3.61, 3.76 e 3.91, pasando todas as alturas ao segundo intento, e facendo os tres nulos sobre os 4.01.
Blanca Pereira foi a cuarta clasificada cun mellor lanzamento de 58.50, a pouco máis de dous metros da medalla de bronce (60.55). Tivo un concurso moi forte ao comezo, con lanzamentos de 58.50, 57.94 e 57.92, pero a necesidade de arriscar fixo que pasase a facer 55.17, nulo e 55.25.
Yiset Magali foi a segunda clasificada con 53.62, pero non puido aspirar ás medallas nin pasar á mellora polos requisitos de nacionalidade.
Podes consultar os resultados ao completo na seguinte ligazón:
La entrada CATRO PARTICIPANTES NO CAMPIONATO DE ESPAÑA ABSOLUTO apareció primero en Club Ourense Atletismo.
Enlace con la noticia original: CATRO PARTICIPANTES NO CAMPIONATO DE ESPAÑA ABSOLUTO


