Cervo presentou o seu campionato

Publicado por: F.G. Atletismo

No día de onte tivo lugar a presentación no Concello de Cervo do Campionato Xunta de Galicia de 10.000 m. para as categorías absolutas, sub23 e máster e 5.000 m. para os Sub18 e Sub20.

A esta presentación acudiron a Alcaldesa do Concello de O Cervo Dolores García; Mali Méndez concelleira de O Cervo; Patricia Calvo Presidenta do Maderas Barcia O Cervo así como Olga Vicente e Jaime Seijas, do CD San Ciprián. Por parte da Federación Galega estivo no acto o seu Vicepresidente Jesús Vázquez.

Este primeiro campionato oficial nas pistas cervenses, supón a posta de longo destas desexadas instalacións que veñen a dar un importantísimo servizo a toda a zona da Mariña. Con esta infraestructura preténdese atender e dar servizo a todas as escolas e clubs da zona e servir ao mesmo tempo, como ferramenta indispensble para continuar co traballo de promoción e desenrolo do atletismo en toda a comarca.

Memorial Alejandro Gómez

Sobre o sintético de O Cervo, estarán tomando parte un importante número de atletas na procura deste salientable título autonómico que leva o nome de quen fora un dos nosos máis importantes atletas falecido fai tres anos.

O campinato dará comezo as 15.30 horas aproveitándose para organizar durante a  mañán, unha xornada de control “Concello de Cervo”  para as categorías base do atletismo.

 

O artigo Cervo presentou o seu campionato publicouse primeiro en Federación Galega de Atletismo.


Enlace con la noticia original: Cervo presentou o seu campionato

Mas noticias relacionadas