Chamosa e Vieiro, poñen calidade na marcha galega

Publicado por: F.G. Atletismo

A marchadora internacional Antía Chamosa  do A. Valladolid (Sub23) e Roberto Vieiro do C.A. Santiago, (Sub20), proclamaríanse esta fin de semana campións galegos absolutos de marcha na edición autonómica que se desenvolvería na Pobra do Caramiñal. Xunto eles, estarían no caixón dos premiados os atletas máster José Fernández do Celta (Máster 35) e Juán Manuel Morales do Marineda, así como Iria Rivas do Ría Ferrol e Inés Valentín do Ourense Atletismo na categoría feminina.

O día, que a nivel climatolóxico sería propio da estación invernal, contaría cunha destacada presencia de marchadoras e marchadores achegados de todas as delegacións que competirían contra o rigor das inclemencias, amosando as gañas de facer unha boa competición. Esta proba contaba ademáis, co engadido de ser determinante para establecer a selección que representará a Galicia no vindeiro Campionato de España da modalidade que acontecerá no Vendrell

Continuando cos resultados e dando paso ó resto de categorías Antón Martínez da A. Lucense proclamaríase campión galego Sub16 sobre nos 5 km. cun rexistro de 26:24 sendo a marchadora do Ourense A. Silvia Ramos a dominadora na categoría feminina con 29:12

Na categoría Sub14 Pablo Sánchez da A. Lucense subiría ó mais alto do podiu con 15:50, indo a parar o título feminino á marchadora do ADAS Proinor María Martín con 17:10.

O Vila de Cangas tería en Sabela Castelo a súa protagonista Sub12 sobre a proba dos 2 km. con 10:36 correspondendo a primeira posición na categoría masculina para Alex Sierpes do Trega, a un segundo da gañadora.

Por último, o trunfo dos máis cativos na Sub10 e sobre 1 km., iría parar a Sheila Varela do Ourense Atletismo con 6:01 e a Tomás Bautista do A. Porriño con 6:02

No resto de resultados:

Brais Prieto do Durango Kirol con 48:55 na Sub23; Iria Rivas do Ría Ferrol con 52:56 na Sub20; Hugo Martínez da A.Lucense con 50:26 e Nerea Lage do A.Friol con 59:00 na Sub18; Conchi Campos do A. Cuntis con 59:14 na Máster 35; Manuel Polo do A. Narón con 54:35 na Máster 45 e Pedro Abeledo do A. Narón con 1h.00:23 na Máster 50

Resultados

 

O artigo Chamosa e Vieiro, poñen calidade na marcha galega publicouse primeiro en Federación Galega de Atletismo.


Enlace con la noticia original: Chamosa e Vieiro, poñen calidade na marcha galega

Mas noticias relacionadas