Cinco metais para as universitarias galegas e galegos no seu estatal

Publicado por: F.G. Atletismo

Esta fin de semana desprazáronse ata Badaxoz un total de 23 atletas universitarios galegos e galegas para tomar parte no Campionato de España Universitario da que se regresaba cun total de cinco medallas e once postos de finalistas.

O máis salientable foron os títulos logrados pola olímpica e plusmarquista de España Belén Toimil (UCAM) quen aproveitaba moi ben esta proba para acadar a mellor marca da tempada con 17.73 m. e ravalidar o título do ano pasado No mesmo concurso, excelente terceiro posto para Xiana Lago, da Universidade de Vigo, quen tamén melloraba a súa marca do ano con  13.62 m.

Continuando cos lanzamentos, claro dominio de Carmen Sánchez do (UCAM) no concurso de xavelina quen defendendo a medalla de ouro do 2023, lanzaba no quinto intento ata os 49.96 m.

A universidade de Vigo seguía colleitando bos resultados, desta ocasión era Jacobo Soler quen corría os 400 m.  cun crono de 47.18 que lle daban o subcampionato universitario mellorando o bronce da pasada edición.

O cuarto dos metais chegaron nos 100 valos sobre os que Uxía Pereira (Universidad Europea) era capaz de rematar en 13.82 que lle permitían acceder ao terceiro posto do podio . Por último, a Universidade da Coruña estreaba medalleiro da man de Pablo Tomé logo de lograr a medalla de bronce sobre a proba raiña da velocidade cun excelente crono 10.67.

A maiores foron tamen destacados os postos de finalistas logrados por Paula Piñón (UDC) 4ª en xavelina; Carlos Revuelta (U.Europea), 4º en martelo; Hugo García (USC) 4º nos 3.000 Obstáculos e 7º nos 1.500 m;  Ariadna Gil (USC), 5ª en triplo; Alba Pérez (USC), 5ª en 5.000 marcha; Xabier Lires (UDC), 5º nos 400 valos; Raúl Cortizo (U. de Vigo) 6º lonxitude; María Fernández (U.León) 6ª nos 800 m.; Fernando Vallines (U. de Vigo) 7º en peso; Andrea Pais (U. de Vigo), 7ª nos 200 m..

O artigo Cinco metais para as universitarias galegas e galegos no seu estatal publicouse primeiro en Federación Galega de Atletismo.


Enlace con la noticia original: Cinco metais para as universitarias galegas e galegos no seu estatal

Mas noticias relacionadas