Cincuenta galegas e galegos acuden ao nacional Sub16

Publicado por: F.G. Atletismo

Boa parte duha nova xeración de talentosas e talentosos atletas galegos, viaxará esta fin de semana ata terras alacantinas para tomar parte no Campionato de España Sub16 que se disputará no municipio de La Nucía entre o sábado e o domingo.

Dos cincuenta atletas que figuran inscritos para participar, destaca a presenza dos últimos campións de España de pista cuberta celebrado o pasado mes de marzo en Ourense, Alex Sierpes do Trega e Sabela Castelo do San Miguel de Marín quenes parten como favoritos para lograr un novo título nos 1.500 obstáculos e nos 3.000 m. respectivamente.

Xunto eles, tamén estarán participando as medallistas do nacional de pista cuberta Carmen Martínez e Adrián Pérez da Atlética Lucense nos 3.000 m. e nos 1.000 m.;  Javier Picos do Marineda na proba dos 600 m.;  Celia Fernández do Riazor Coruña en combinadas e Iria Solera do C.D. La Purísima en altura. Hugo Casañas do Atletismo Rías Baixas será outro dos atletas importantes a quen veremos lanzando nos concursos de peso e disco, proba esta última, na que parte ca mellor marca dos participantes.

Xunto aos medallistas de pista cuberta, prestaremos tamén atención á participación de Debris Paniagua do Atletismo O Pino quen sairá na proba de obstáculos a defender a súa mellor marca entre unha relación de participantes inscritas na que se atopa, a tamén ben posicionada no ranking, María Estévez do Ames Atletismo. Outro foco importante de atención estará no círculo de lanzamentos con Mar Simón do Celta en calidade de atleta a batir tanto no concurso de martelo como no de disco.

No sector das carreiras, haberá importantes intereses e bazas galegas tamén en xogo. Aarón Pérez do ADAS CUPA nos 100 m. e Sebastian Bascoy do Coruña Comarca nos 300 m. ao igual que Irma Veiguela do Ría Ferrol nos 600 m. e Sabela Martínez da Gimnástica nos 3.000 m. serán, quenes a priori, estén na loita directa polos metais das súas respectivas probas.

Atención tamén as actuacións en Alacante dos atletas do Real Club Celta Martiño Salgado nos valos, Francisco del Alcazar en martelo e a do ourensá Manuel Eirín na xavelina, cuxos rexistros acreditannos para os postos de honra do campionato.

Para rematar, Demeko Paniagua do Atletismo O Pino e Adrián Pérez da At. Lcense nos 1.000 m.; Sergio Fernández do ADAS CUPA no disco; Marta Hermida do Celta e Anxo Filgueira da Gimnástica en martelo; Nuno Castro do Millaraio e Alex César do Mazí na xavelina; Aitana Capeáns do Atletismo Negreira en peso; Antía Otero do Atletismo Narón en xavelina e as marchadoras Alba Morales do Marineda e Icía Ares de A Silva, intentarán ocupar un bo posto nas súas respectivas finais sen descartar algunha alegría importante.

 

O artigo Cincuenta galegas e galegos acuden ao nacional Sub16 publicouse primeiro en Federación Galega de Atletismo.


Enlace con la noticia original: Cincuenta galegas e galegos acuden ao nacional Sub16

Mas noticias relacionadas