Cita dobre esta fin de semana cos autonómicos de marcha e lanzamentos longos

Publicado por: F.G. Atletismo

Esta fin de semana a ruta e a pista centrarán boa parte da actividade atlética federada ca disputa das importantes citas do Campionato Xunta de Galicia de Marcha en Ruta que se desenvolverá en Ames o domingo e o de lanzamentos longos absolutos e Sub23 que terá por sede as pistas do CGTD de Pontevedra un día antes, o sábado.

O trazado urbano de Ames estará reservada para a modalidaded de marcha, cuxas primeiras probas darán comezo o domingo ás 10.45 h. para a categoría Sub12 e que se irán desenvolvendo por espazo de dúas horas ata a última das sáidas que será a dos absolutos.

Neste campionato, e ante a ausencia dos irmáns Chamosa, será a internacional e campioa de Galicia absoluta Carmen Escaríz do Ourense Atletismo e o campión mundial máster Juan Manuel Morales do Marineda quenes centren toda a atención. Ambos parten como claros favoritos para estar no máis alto do podio neste campionato autonómico.

Outros dos marchadores importantes que estarán sobre o circuito de Ames serán os campións galegos da edición pasada Tomás Bautista do Atletismo Porriño na Sub14, así como Andrés González do Real Club Celta e Pablo Sánchez da Atlética Lucense, gañadores en A Pobra nas categorías Sub16 e Sub18 respectivamente.

Na categoría máster estarán defendendo título a marchadora Emilia Rodríguez do Trega na F45 e María Soledad Pousa do Ourense Atletismo na F50. Por parte másculina tamén estará presente o medallista nacional Manuel Polo do Atletismo Narón na M45

Campionato de Galicia de Lanzamentos Longos absoluto e Sub23

A uns 60 km de Ames teremos outro importante foco de atención o sábado nas pistas do CGTD en Pontevedra onde se darán cita máis do medio cento de lanzadores e lanzadoras para concursar no seu autonómico de lanzamentos longos.

Entre a presenza destacada, contaremos ca participación de Victor Gallego da Gimnástica na procura do seu enésimo título desta vez na modalidade de disco. Xunto ao capitán da Gimástica, importante presenza do bronce nacional Sub20 Nicolás Ortega do Atletismo Sada así como de María Ezquerro da Gimnástica de Pontevedra na categoría femenina, asumindo a condición de favorita.

Na xavelina agárdase con interés o man a man que manterán Pedro Santos do Celta e Jonathan Correa da Gimnástica cuxos rexistros tan só están separadaos por once centímetros. Máis doado a priori terá o título a campioa de España Sub20 Paula Piñón do Celta quen terá na subcampioa nacional Sub23 Uxía Sureda do Lucus Caixa Rural a súa principal opoñente.

No martelo homes, Yago Araujo do Celta parte como favorito nun concurso no que tamén estará o medallista de bronce do último nacional Sub20,  Eric Méndez do Atletismo Portugalete. Na categoría feminina contaremos con dúas das nosas internacionais máis prometedoras  xa que tanto Irene Gómez do Valencia Atletismo, -subcampioa de España Sub23- como  Blanca Pereira do Ourense Atletismo -subcampioa de España Sub18- estarán sobre o círculo de lanzamentos.

O artigo Cita dobre esta fin de semana cos autonómicos de marcha e lanzamentos longos publicouse primeiro en Federación Galega de Atletismo.


Enlace con la noticia original: Cita dobre esta fin de semana cos autonómicos de marcha e lanzamentos longos

Mas noticias relacionadas