Citas nacionais de ruta e pista

Publicado por: F.G. Atletismo

Un total de nove atletas son os que tomarán parte esta fin de semana no Campionato de España de 10 km. Ruta na localidade navarra de Tudela. Ante a ausencia dos actuais campións galegos Rubén Diz e Iria Fernández serán Paula Mayobre e Alejo Ares quenes asuman as funcións de líderes galegos. Precisamente ata alí despraza o ADAS Proinor o seu equipo masculino encabezado Alejo Ares xunto ó cal estarán Iván Roade e José Manuel Fernández 

Na categoría senior feminina Paula Mayobre do Clínicas Dental S.P. aspira a estar na loita polos postos importantes da proba, completando o resto de expedicionarios Amadeo Abal do Verxel Nutrición e Luis Pérez do C.A. Fene. José Angel López do Egovarros na M40 e Xosé Luis Otero do Club Universidade de Santiago na M65 completan a lista na categoría máster.

Campionato de España de selección Sub18

Noutro orden de cousas, partirá para Getafe a Selección Galega Sub18 integrada por un total de once homes e dez mulleres que tomarán parte o sábado 8 no V Campionato de España de Seleccions autonómicas da categoría.

Baixo un formato mixto de competición, a nosa selección acude cun equipo compensado que aspira a estar entre as oito primeiras posicións como xa conseguiría o ano pasado en Ciudad Real onde rematarían no quinto posto .

Son destacadas por parte do combinado galego as presencias de Irene Gómez do A.F. Celta en martelo, Nerea Iglesias do Fontes do Sar nos 100 m., ou a de David Ngwudile do Real Club Celta nos relevos por citar algúns.

Campionato de España de 10 km. ruta absoluto e máster 2019

V Campionato de España Sub18 de Federacións Autonómicas 2019

O artigo Citas nacionais de ruta e pista publicouse primeiro en Federación Galega de Atletismo.


Enlace con la noticia original: Citas nacionais de ruta e pista

Mas noticias relacionadas