Competiciones Pontevedra.

Publicado por: Ourense Atletismo

 
Campionato de Galicia de Inverno de Lanzamentos de Menores 2021 e Campionato de Galicia de 400 m. – 800 m. – 1.500 m. Sub23 – Sub20 2021

A Federación Galega de Atletismo organiza o Campionato de Galicia de Inverno Sub 20, Sub 23 de 400, 800 e 1500 e Cto. De Galicia de Lanzamentos Longos de Inverno Sub 16 e Sub 18, na pista de atletismo do Centro Galego de Tecnificación Deportiva de Pontevedra o día 27 de febreiro en Pontevedra.

Nos lanzamentos longos reservaranse 5 prazas para a categoría Sub 18 e 5 prazas para a Sub 16.
No campionato de 400, 800 e 1500 reservaranse 16 prazas para Sub 20 e 8 para Sub 23 en cada proba. (No caso de non completarse as prazas nalgunha categoría, admitiranse atletas da outra).
Farase unha final A coas mellores marcas de cada categoría.

Valerán as marcas feitas dende o 1 de xaneiro de 2020
As inscricións realizaranse ata as 20:00 horas do martes 23 de febreiro do 2021.

Nos Campionatos de Galicia Individuais e por clubs, existirá unha cota de inscrición de 2 euros.

Reglamento       Inscritos

II Control de Inverno FGA en Pista ao Aire Libre 2021

A Federación Galega de Atletismo organiza o II Control en Pista ao Aire Libre o día 27 de febreiro, nas pistas de atletismo do Centro Galego de Tecinificación Deportiva en Pontevedra.

Excepcionalmente as inscricións faranse ata as 20:00 horas do martes 23 de febreiro. Existirá unha cota de inscrición de 4 Euros por atleta e proba.

Nos 400/800/e 1500 de control reservaranse 8 prazas para os atletas Sub 18. Na proba de altura reservaranse 10 prazas para cada categoría Sub 10, Sub 12 e Sub 14.
Nas series correrán as mellores marcas xuntas. Os/as atletas de categoría Sub 18, Sub 16, Sub 14, Sub 12 e Sub 10 só poderán facer unha carreira.
No caso de ser superado o tope de inscricións, aplicarase o criterio de mellores marcas conforme ás tempadas 2018–2019, 2020 e 2021 na proba específica.

Aqueles atletas que participen ou estean inscritos no III Control en Pista Cuberta en Ourense 27/02/2021 non poderán participar neste II Control de Inverno.

Reglamento    Inscritos

La entrada Competiciones Pontevedra. apareció primero en Club Ourense Atletismo.


Enlace con la noticia original: Competiciones Pontevedra.

Mas noticias relacionadas