Publicado por: F.G. Atletismo
Correr polo monte e montaña é unha forma diferente de practicar deporte, estar en contacto coa natureza e descubrir novas paisaxes. Nos últimos anos, o trail running foi gañando popularidade entre os afeccionados á carreira, atraídos pola combinación de actividade física, aventura e superación persoal. Porén, iniciarse nesta modalidade require algo máis que ganas de correr: é importante coñecer o terreo, adaptar o ritmo ás propias capacidades e contar co material axeitado.
Para dar os primeiros pasos con seguridade e gozar da experiencia, o responsable galego do sector de TR Iván Sangiao, recomendanos unha serie de consellos básicos que poden axudar a quen queira iniciarse no mundo do Trail.
Comezamos pola SEGURIDADE
- Escolle un calzado cómodo, con boa suxeción. É preferible un calzado con contrafortes na súa estructura e que che permita un bo axuste ó teu pé.
- A sola é importante. Será o elemento que te une a ti e ó terreo, polo que en función de donde corras necesitarás atender a dúas cousas importantes: a tracción, que cha dará a prominencia e separación dos tacos; e a adherencia que será o material do que está composta, especialmente importante en terreos húmidos ou rocha mollada
- Roupa axeitada. Axustada para previr enganchóns e con compartimentos para levar os básicos como hidratación ou móbil. Se usas complementos que sexan da túa talla, así como a chaqueta se a meteoroloxía te obriga a levala.
- Móbil a man e manta térmica. Incluso nos teus adestramentos, porque estamos no medio natural e compartímolo con moitas persoas. En calquera momento nos podemos “despistar” e poder pedir ou prestar axuda para ti ou outra persoa é fundamental.
- Planifica a túa ruta. Tanto para adestrar como para competir axústate ó teu nivel e rendemento, progresa pouco a pouco e comeza por un entorno seguro.
Os primeiros sendeiros
- Adáptate ós camiños, no trail running atoparás múltiples subidas e baixadas, con distinta inclinación e elementos naturais que os farán máis ou menos técnicos.
- Axusta a túa velocidade e comeza con prudencia: se precisas camiñar faino e se a túa destreza non é moi alta nas primeiras saídas reduce a velocidade nos descensos.
- En outono e inverno é recomendable adestrar levando a man unha luz frontal para poder facelo con seguridade nas horas de menos luz ou noite.
- Progresa paso a paso. Descubrirás que orientar o teu centro de gravidade é fundamental posto que as subidas, baixadas, zonas técnicas, curvas ou incluso tramos con lama requerirán unha postura específica que che permita manter o control.
- Respecta a contorna. Coida os sendeiros, usa zonas habilitadas ou coñecidas. Os teus residuos volverán contigo si ou si, preservar o noso terreo de xogo está na nosa man.
- Sair en grupo, con amigos, coincidir con outros practicantes no medio natural como ciclistas, senderistas, etc. pode ser moi estimulante. Ser conscientes de que somos moitas persoas no medio natural axudará á convivencia e á súa conservación.
Os teus retos
- En función das túas habilidades ou preferencias podes atopar variedade de probas de trailrunning: desde as que son solo en subida (vertical) ata as que combinan múltiples subidas, baixadas e pluralidade de distancias.
- Déixate asesorar por un profesional cualificado. Os clubs da FGA e os adestradores colexiados están cualificados para acompañarte no teu desenvolvemento á vez que contan con formación permanente ó seu dispor.
- Tramita a túa licenza de “trail”. Pódese combinar coa licenza estándar ou ser exclusiva: chamándose licenza de corredor, a cal habilita para trail, ruta e cross. Só a RFEA pode expedir licenzas de trail así como recoñecer e expedir títulos válidos para o sector de trailrunning. Contar coa túa licenza leva parexo o seguro específico coas súas coberturas e tamén brindará a posibilidade de participar en competicións oficiais.
Foto. RRSS do Trail das Bestas
O artigo Consellos básicos para o inicio no Trail running publicouse primeiro en Federación Galega de Atletismo.
Enlace con la noticia original: Consellos básicos para o inicio no Trail running
