Conta atrás para Antía Chamosa

Publicado por: F.G. Atletismo

A pontevedresa Antía Chamosa Dacasa xa se atopa en China para disputar o Campionato do Mundo de Marcha por seleccións e individual nos 10 km Sub-20. A esta importante cita a discípula de José Antonio Pardal, acude nun bó estado de forma xa que en Río Maior lograría a súa MMP nos 10 km con 47:51. Días despóis en Valencia certificaría ese excelente estado acadando un magnífico crono de 23:01 nos 5 km marcha en pista, os cales sitúanna á cabeza do ránking nacional

A adaptación ó cambio de horario e a humidade serán dous importantes aspectos que determinarán o rendimento desta importante marchadora  que comezaría  o seu periplo fai sete anos no Atletismo Cuntis para logo, na categoría Sub-16, pasar ó Comesaña Sporting Club dende onde chegaría ó seu actual clube o Atletismo Valladolid militante na División de Honra.

O artigo Conta atrás para Antía Chamosa publicouse primeiro en Federación Galega de Atletismo.


Enlace con la noticia original: Conta atrás para Antía Chamosa

Mas noticias relacionadas