De Carlos Pérez a Solange Pereira nos Campionatos Iberoamericanos

Publicado por: F.G. Atletismo

Lonxe queda xa aquel mes de outubro do ano 1960 cando na capital chilena de Santiago disputábanse os primeiros Xogos Iberoamericanos que inaugurarían o que pretendian ser un acontecemento atlético que xuntara a paises de cultura e fala comúns a semellanza do que estaba a suceder cos Xogos da Commonwealth dende o ano 1930.

Sería precisamente nesta primeira edición onde acudiría o vigués Carlos Pérez que tería a honra de inaugurar tanto a participación dos atletas galegos como o seu medalleiro xa que remataría na terceira posición na proba dos 10.000 m.

Desde aquel intre pasarían ó longo das dazanove edicións seguintes (contando as dúas primeiras con denominación distinta)  nada menos que un total trinta e catro galegos dos cales dazaseis serían mulleres e dazanove homes. En todas estas edicións que terían por escenario os paises de Chile, España, Cuba, México, Brasil, Argentina, Colombia, Portugal, Guatemala, Perú e Venezuela, os nosos representantes colleitarían un total de trinta e unha medallas (catro ouros, quince pratas e doce bronces)

O maior número de participacións correría a cargo de Angeles Barreiro quen tomaría parte na especialidade de lanzamentos en seis edicións, sendo o atleta con máis número de medallas o xavalinista Julián Sotelo (formado en Galicia) con catro e Estela Estévez con tres.

En canto ós records do campionato cabe salientar que é David Gómez, quen tomaría parte nos anos 2004 e 2006 conseguindo un ouro e unha prata respectivamennte, o que posúe o récord de combinadas cun 7.940 puntos establecido en Huelva no ano 2004.

Presencia Galega nesta edición

Lembramos que á cita do 24 ó 26 de agosto na cidade peruana de Trujillo, acuden un total de tres galegos na que se atopa Solange Pereira quen tomará parte nos 1.500 m. (domingo ás 09.10 horas local) e Lidia Parada na xavelina (venres 14.40 h.local). Ambas repiten presenza logo de que no ano 2014 estiveran tomando parte en São Paulo. Na categoría masculina Jean Marie Okutu saltará no concurso de lonxitude (venres 16.30 h.local) aspirando a un novo metal que sumar as súas dúas pratas dos anos 2012 e 2016. Xunto eles, irá formando parte do corpo técnico o adestrador Javier Medrano

Participación Galega femenina nos Iberoamericanos

Participación Galega Masculina nos Iberoamericanos

Participación Galega en Perú (2018)

Información XVIII Campionatos Iberoamericanos 2018

 

O artigo De Carlos Pérez a Solange Pereira nos Campionatos Iberoamericanos publicouse primeiro en Federación Galega de Atletismo.


Enlace con la noticia original: De Carlos Pérez a Solange Pereira nos Campionatos Iberoamericanos

Mas noticias relacionadas