Debut e medalla internacional para Andrea González

Publicado por: F.G. Atletismo

Excelentes resultados os acados polos atletas galegos nos distintos campionatos nacionais e internacionais desenvoltos nesta fin de semana.

Para comezar Andrea González lograría unha extraordinaría medalla de prata no seu debut ca selección nacional durante a disputa da Copa Ibérica “Go Fit” Sub18 acontecido na localidade portuguesa de Abrantes entre os combinados de Portugal e España. A xavalinista santiaguesa que conta cunha marca este ano de 45.59 m. (500 gr.), efectuaría un mellor  lanzamento de 43.42 m. co cal acadaría a segunda posición do seu concurso.

Pola súa banda no Campionato de España Sub14 que tería a cidade andaluza de San Fernando como sede, Elías Klein do Clube Atlética Lucense sería segundo na proba de triatlón infantil cunha puntuación total de 1.361 puntos. Da mesma maneira Mistre Estévez e Carmen Junatey contribuirían a conseguir sendos trunfos nos seus respectivos equipos mixtos de relevos 6×60 m

Resultados Copa Ibérica

Resultados Nacional Sub14

Na foto, Andrea González xunto ós seus pais

O artigo Debut e medalla internacional para Andrea González publicouse primeiro en Federación Galega de Atletismo.


Enlace con la noticia original: Debut e medalla internacional para Andrea González

Mas noticias relacionadas