Destacada presenza galega no Campionato Nacional dos 10 km.

Publicado por: F.G. Atletismo

Un total de nove atletas galegas e galegos tomarán parte esta fin de semana no XII Campionato de España dos 10 km. Ruta que terá lugar na localidade extremeña de Don Benito.

Entre a relación de atletas desprazados salienta a presenza de Julia Vaquero do Atletismo Trega,  quen recentemente lograba o subcampionato nacional na categoría máster 50 na proba de media marathon.

De igual modo tamén acude o atleta do Ourense Atletismo Alex Fernández quen xa afora subcampión nacional no ano 2014 en Padrón, posición que melloraba un ano despois en Albacete, logo de proclamarse campión nacional.

Outro dos que tamén estará na línea de saída desta fin de semana será o atleta do ADAS Proinor Alejo Ares quen xa sabe o que é estar nun podio nacional sobre esta distancia, grazas ao bronce logrado no ano 20918 en Iurreta. Alejo estará acompañado polos seus compañeiros de club Manuel Enrique Estéve, José Manuel García, Pablo Prada, Paulo Rodrigues e Ricardo Vázquez.

O atleta do Ourense Atletismo José Benito Gómez, que fai uns días lograba o bronce no Campionato Nacional de montaña da súa categoría, completa a relación de galegos quenes estarán en Badaxoz.

O artigo Destacada presenza galega no Campionato Nacional dos 10 km. publicouse primeiro en Federación Galega de Atletismo.


Enlace con la noticia original: Destacada presenza galega no Campionato Nacional dos 10 km.

Mas noticias relacionadas