DOBRE PODIO NO CAMPIONATO DE GALICIA DE MARCHA EN PISTA (22 novembro, Pontevedra)

Publicado por: Lucus Atletismo

O domingo 22 de novembro tiña lugar en Pontevedra o CAMPIONATO DE GALICIA DE MARCHA EN PISTA, que poñía fin ao calendario de competicións desta especialidade na tempada de aire libre.

Ata alí se desprazou Hugo Martínez Casanova co obxectivo de loitar polo podio na proba dos 5.000 metros marcha, da que partía cunha mellor marca persoal de 23:03.86. Sería na última das carreiras da mañá na que daría o mellor de si, pechando a xornada cun rexistro de 23:51.99 que o convertían no campión galego SUB20 e o 3º posto a nivel autonómico, levando consigo as merecidas medallas de ouro e bronce. Podedes consultar os resultados completos no seguinte enlace.

[See image gallery at www.atletismolucus.org]

© Imaxes: Federación Galega de Atletismo.

GRANDE NORABOA!!

Enlace con la noticia original: DOBRE PODIO NO CAMPIONATO DE GALICIA DE MARCHA EN PISTA (22 novembro, Pontevedra)

Mas noticias relacionadas