Dolores Rojas designada para os Xogos Olímpicos de Tokio 2020

Publicado por: F.G. Atletismo

A xuíza internacional  Dolores Rojas, acaba de ser confirmada pola IAAF para tomar parte como xuíza no XVII Campionato do Mundo de Atletismo en Doha desta tempada así como para a gran cita olímpica de Tokio que se desenvolverá no mes de agosto no 2020. Con esta nova designación a internacional galega, membro do Panel A da IAAF de Marcha, acudirá ós seus terceiros Xogos Olímpicos logo do seu paso por Atenas 2004 e por Londres 2008 que suma ás súas varias actuacións en Copas e Campionatos tanto mundiais como europeos.

A vida desta licenciada en psicoloxía nada no ano 1964, está marcada pola súa paixón ó atletismo, que a levaría como atleta, a proclamarse campioa galega en varias edicións nas probas de velocidade e de relevos, máis é ó abandoar a práctica activa, cando no ano 1989 acede a xuíz territorial dando comezo a un amplísima e extensa actividade nacional e internacional.

Durante o transcurso destes anos, moitos teñen sido os recoñecementos colleitados na súa traxectoria, entre os que cabe salientar a de Mellor Xuíz Nacional (RFEA 2002), Premio Xunta de Galicia como recoñecemento a súa labor ou o Premio MUDEGA (Muller deportista Galega) por citar algúns.  Da mesma maneira o seu amplo coñecemento e visión do atletismo autonómico e nacional permitiríalle ocupar o cargo de Secretaria Xeral da Federación Galega de Atletismo, a de Presidenta do Comité Galego de Xuíces ou a de Representante de xuíces na Asamblea Xeral da RFEA entre outras responsabilidades.

O artigo Dolores Rojas designada para os Xogos Olímpicos de Tokio 2020 publicouse primeiro en Federación Galega de Atletismo.


Enlace con la noticia original: Dolores Rojas designada para os Xogos Olímpicos de Tokio 2020

Mas noticias relacionadas